En moitos patios de coles, IES e nas prazas de moitos pobos, non so de Galicia senón de toda España, celébrase DÍA DO PEÓN.
Este ano, despois de traballalo nas clases de EF, fomentar o seu uso e xogo nos recreos co Proxecto ActívatEF, conseguimos recuperar o gusto polos peóns e decidimos xuntarnos para xogar no pavillón.
Grandes e pequenos, desde 1º ata 6º, bailamos as nosas buxainas e compartimos un gran día de xogo.
Aquí tedes un pequeno vídeo resumo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MUCHAS GRACIAS POR PARTICIPAR