O colexio de Sigrás, o CEIP Gonzalo Torrente Ballester, organiza o MARTES 8 DE ABRIL, unha Carreira
Solidaria, para recadar cartos para a
No seu cole teñen unha nena, MARÍA, co Síndrome de Rett. Para concienciar aos nenos e nenas do importante que é a investigación científica das enfermidades raras, e para saber como é a vida diaria de María, fixeron un PEQUENO DOCUMENTAL co alumnado explicándoo ao resto da comunidade educativa. E Organizan a carreira para recadar eses cartos tan necesarios e útiles para mellorar a vida destas persoas.
Dende o noso cole, queremos solidarizarnos con eles, “para nós isto é
“facer comunidade” porque se afecta a unha persoa, atínxenos a todas”.
Con este enfoque pedagóxico, no que xuntamos, a actividade física e a solidariedade, queremos sensibilizar ao noso alumnado acerca desta
enfermidade e da necesidade da investigación científica para atopar cura.
Este MARTES 8 DE ABRIL 2025, celebraremos unha CARREIRA de OBSTÁCULOS, como os que atopa María na súa vida. AS FAMILIAS ESTÁN CONVIDADAS A VIR e participar cos seus fillos na súa quenda de carreira.
Lembrade que non é unha competición, trátase dun día alegre e festivo no
cal predomina o espírito de solidariedade e axuda mutua e cada quen vai ao seu ritmo.
Co noso gran de area, podemos axudar aos
nenos e nenas, e as súas familias, para que se poida investigar más,
facilitarlles atención directa, psicolóxica e de ocio.
Cada familia pode facer unha pequena doazón monetaria, nun sobre pechado e darallo a súa
titora. Con todos os cartos recadados entre o noso cole e o de Sigrás, farase
un ingreso a Asociación “Mi princesa
Rett”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MUCHAS GRACIAS POR PARTICIPAR