21 de marzo de 2025

DEPORTE PARA TODOS E TODAS, ENKI 6º

 O ano pasado fixemos a nosa carreira Enki no cole, dando "a volta ao mundo", e este ano quixemos poder a oportunidade de falar cas persoas que colaboran con eles, Ángel, Dani, Álex, que viñeron un día ata o cole a contarnos a súa experiencia persoal.

Este martes tivemos a sorte de poder compartir con outros coles unha xornada de deporte adaptado e inclusivo grazas a ENKI e aos seus voluntarios.

Por un día vimos a dificultade e a fortaleza que teñen as persoas con algunha discapacidade para poder practicar o seu deporte favorito. Unha marabilla!!!

Probamos as cadeiras de rodas, o tenis, ping-pong, atletismo, boccia....

Queres ver o vídeo??


24 de febrero de 2025

CAMPO A TRAVÉS 3º a 6º

 Volvimos a nosa proba favorita como cole: o campo a través. É un momento de felicidade conxunta ir a competir. Pequenos e maiores disfrutamos moito xuntos porque representar ao noso cole é un orgullo para todos e todas.

Este ano, dous dos nosos equipos, chegaron a colarse entre os 3 primeiros, nas categorías de alevín e infantil masculino. E ata tuvimos un 3º posto con Mateo Miño!!!.

A próxima carreira vai ser en Ribeira o 28 de marzo. E alí iremos Mateo e Rober de 4º a por todas!!.

Déixovos aquí unha pequena montaxe cas fotos doutro día.