Todo o alumnado participou nesta proposta de reciclaxe e construción dun xoguete.
1º, 3º e 4º fixeron o seu xogo nas clases de Plástica (Latas decoradas, Recollebolas e Paladós de cartón). Os de 2º e 6º (Zancos con Latas e Ringos), na casa seguindo os videos titoriais e unhas instrucións en papel. E os de 5º, fixeron BOLAS de MALABARES na clase de E.F.
A idea era que cada un aproveitara o seu material para construir un xoguete, traballando así as 3 R:
REUTILIZAR
RECICLAR
REDUCIR
Ensinarlles que,
con case calquera cousa, podemos facer un xoguete,
inventarnos os nosos propios xogos
e non fai falla gastar cartos para xogar.
Todos os cursos traballamos do mesmo xeito.1º Coñecer as posibilidades do noso xoguete.
2º Inventar xogos en equipo
3º Mostrar os xogos inventados aos outros compañeiros da clase.
O ano que vén seguiremos traballando nesta dirección para contribuír a mellorar o medioambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MUCHAS GRACIAS POR PARTICIPAR