21 de diciembre de 2023
LATAS DECORADAS 1º
20 de diciembre de 2023
RECICLAXOGO DO NADAL
Todo o alumnado participou nesta proposta de reciclaxe e construción dun xoguete.
1º, 3º e 4º fixeron o seu xogo nas clases de Plástica (Latas decoradas, Recollebolas e Paladós de cartón). Os de 2º e 6º (Zancos con Latas e Ringos), na casa seguindo os videos titoriais e unhas instrucións en papel. E os de 5º, fixeron BOLAS de MALABARES na clase de E.F.
A idea era que cada un aproveitara o seu material para construir un xoguete, traballando así as 3 R:
REUTILIZAR
RECICLAR
REDUCIR
Ensinarlles que,
con case calquera cousa, podemos facer un xoguete,
inventarnos os nosos propios xogos
e non fai falla gastar cartos para xogar.
Todos os cursos traballamos do mesmo xeito.3 de diciembre de 2023
CARRERA ENKI 2023: "A VOLTA AO MUNDO ATA PARÍS 2024"
DÍA INTERNACIONAL
DAS PERSOAS CON
DISCAPACIDADE FUNCIONAL
Nós, desde o centro, queremos colaborar con esta iniciativa para tentar transmitir ao noso alumnado que todas as persoas poden facer deporte, o único que necesitan é....poder adaptalo as súas características.
Este ano no cole damos a volta ao mundo, por iso, a carreira é unha volta ao mundo, pasando por todos os países que estamos a traballar, e chegando a PARÍS, sede dos Xogos Olímpicos 2024.
Cada país....UN RETO.
Para superalos hai que traballar en equipo porque
NINGUÉN PODE QUEDAR ATRÁS