23 de octubre de 2021

CARRERA ENKI 2021

No curso 2019-2020, foi a primeira vez que participamos como cole. Un sábado, dende  María Pita ata o Parrote, salvando 1000 obstáculos, coa Víbora Seoanín. Todos xuntos, familias e mestres. Un equipo, unha comunidade. 

Foi unha experiencia única e repetímola, esta vez...no propio cole.



A CARREIRA ENKI é unha

carreira lúdica, no competitiva, 

que promove

INCLUSIÓN e a VISUALIZACIÓN 

de colectivos e PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL,

así como o respecto e a educación na diversidade.



A nosa carreira deste ano plantexámola como os

DIFERENTES CAMIÑOS DE SANTIAGO,

con DIFERENTES DIFICULTADES

(persoas cegas, xordas, cunha perna ou cun brazo),

que tiñan que superar MUCHOS OBSTÁCULOS,

acompañados polos seus compañeiros,

en pequenos equipos cooperativos, ata chegar ao


Carteis deseñados por Manuel López Lamas, alumno en prácticas del Grado de Primaria, Mención de E.F.

O total dos fondos recadados destinaranse ás entidades sociais que participan no evento ENKI 2021, para poder axudar aos nenos e nenas e as súas familias a ter experiencias de ocio activo e deporte inclusivo.



Algúns dos seus PROXECTOS son: 

  • MAR-INES (axudar a familias con membros con diversidade funcional a participar nos eventos deportivos da cidade),
  • CAMPAMENTOS DEPORTE INCLUSIVO(que menores con discapacidade poidan acudir a unha iniciativa xunto a menores sen discapacidade),
  • PRÉSTAMO MATERIAL DEPORTIVO ADAPTADO (para que poidan iniciarse no deporte adaptado “bicicleta” de montaña, cadeiras de rodas…)

MÁIS INFO: https://www.enkiproyecto.com/carrera-enki/

 MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS 

POLA VOSA COLABORACIÓN.

Pasámolo moi ben e desfrutamos moito desta nova edición.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

MUCHAS GRACIAS POR PARTICIPAR