OLA CRIATURAS!! Como levades esta semana? Xa
podedes saír un pouquiño a dar unha volta!! Aproveitade para correr,
saltar, andar na bici, no patinete e, tamén, xogar un pouquiño co balón.
Lembrade que:
A ACTIVIDADE FÍSICA é
un dos HÁBITOS SAUDABLES
que temos que manter sempre.
Lembrádesvos, Si?
Aínda que tamén sabedes que unha boa alimentación, un bo descanso e, unha boa convivencia en familia son fundamentais para ter una boa saúde mental.
Por iso propóñovos este xogo: OS ANTÍDOTOS SAUDABLES, baseado no que David García, mestre de EF na Rioxa, fixo para o seu alumnado.
Por iso propóñovos este xogo: OS ANTÍDOTOS SAUDABLES, baseado no que David García, mestre de EF na Rioxa, fixo para o seu alumnado.
OS ANTÍDOTOS SAUDABLES
OBXECTIVO: combater
ao coronavirus conseguindo os antídotos saudables.
INSTRUCIÓNS:
- ·
Hai 6 antídotos e debes conseguir alomenos 5 para liberarnos do virus.
- ·
Para apoderarte dun antídoto debes pintar as 8 casillas que tén.
- ·
Para poder pintalas, debes conseguir o reto diario dese antídoto.
- ·
Cada día podes pintar só unha casilla dos antídoto verde, azul e laranxa.
- ·
Dos antídotos amarelo, vermello e morado, podes pintar máis cada día.
- ·
Se facedes en familia os retos dos antídotos amarelo,
vermello e morado, ese día podes pintar 2 casillas desas cores.
- ·
Ao rematar o día, conta os retos superados e
pinta as casillas conseguidas.
ANTÍDOTOS:
ANTÍDOTO
|
RETO DIARIO
|
FRUTILINA
|
2 pezas de froita.
|
XARABE DO FOGAR
|
MÍNIMO UNHA: limpar; barrer;
fregar; cociñar; poñer/quitar a mesa; ordenar a casa; tender a roupa u outra
que se necesite.
|
ACTIVINA DO
MOVEMENTO
|
60 minutos de actividade física ao día
|
DORMILONA SÓDICA
|
Durmir entre 8 e 10 horas
|
GLUCOSA
HIPERLECTURA
|
Ler 30
minutos
|
XARABE DE AGARIMOS
|
Dicir “grazas” ou “por favor”, dar un abrazo ou un bico, pasar un rato
divertido coa familia, chamar por teléfono a algunha persoa que queres...
|
E se queredes compartir comigo os vosos avances...podedes
mandarme un correo: aulainformaticaelena@gmail.com
(PODES DEBUXALOS TI OU PICAR ENRIBA DA IMAXE PARA IMPRIMIR O PDF)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MUCHAS GRACIAS POR PARTICIPAR