9 de mayo de 2012

VI ENCONTRO ESCOLAR XOGOS POPULARES

O vindeiro sábado 2 de xuño, Brinquedia organiza a VI edición do seu Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. O evento celebrarase no recinto da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada.


Podedes atopar información máis detallada ó respecto descargando o díptico interiordiptico e portadadiptico

Os centros e entidades interesadas en participar só tendes que cubrir e enviarnos por correo electrónico (antes do 25 de maio) a ficha de inscrición (podedes descargala aquí), e contribuír na organización do evento aportando unha carrilana.

Así mesmo, estamos á procura de voluntarios que colaboren durante o desenvolvemento das actividades. Se te animas e atópaste interesado, non tes máis que escribirnos a brinquedia@brinquedia.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MUCHAS GRACIAS POR PARTICIPAR