7 de febrero de 2011

GYMKANA ECOLÓXICA


Esta semana estamos a celebrar no meu cole a Semana do Medioambiente. Fixemos un bosque coma se fora un puzzle-collage, árbores xigantes con papel de periódico, fadas irlandesas articuladas, unha árbore interactiva para aprender a reciclar, outra árbore negra que queremos convertila nunha árbore de cor coas nosas ideas de cómo podemos mellorar o medioambiente con follas de cores, unha exposición de fotos sobre natureza......

E claro, como non podía ser doutra forma, nas clases de E.F. estamos a xogar con latas, botellas de plástico,.....e ímos facer unha GYMKANA ECOLÓXICA. Haberá diferentes probas: de reciclaxe, de axuda os animais, de chapapote, ....... Xogaremos por equipos mesturando aos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria.

Ímos pasalo xenial e aprender un montón sobre iso das 3 R:
Se queredes aprender máis, déixovos un enlace donde podedes atopar xogos, videos e información sobre o reciclaxe:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MUCHAS GRACIAS POR PARTICIPAR