Bueno, bueno....un éxito total isto do DancEF Revolution de Vicenç Rodríguez (@VicensRod). Este profe de E.F. de Mallorca, compartiu un día no Twitter, este videoxogo adaptado á clase E.F. para traballar o ritmo corporal, a lateralidade e a percepción espacial.
E coma nós tiñamos que traballar estes contidos....por qué non probalo???
COMO
SE XOGA:
· Nun cadrado de 30 cm para que entren os dous pes, teñen que seguir a secuencia
da ficha, que vai de esquerda a dereita, e pasar á seguinte liña. Os pes
coreados indican adonde hai que movelos
(só un ou os dous á vez). Si está en branco, están dentro do cadrado.

Aquí vedes un exemplo das fichas por niveis
- Cada equipo ten 16 fichas de
xogo.
· Hai 8 niveis de xogo.
· Para superar unha ficha, o equipo ten que completar
dúas veces consecutivas a secuencia, simultaneamente e todos xunt@s.
· Para pasar ao seguinte nivel, hai que superar as fichas do nivel anterior.
Probámolo desde 1º a 4º, con algunha variante, pero en liñas xerais como estaba plantexado. E a verdade....que moi ben!!.
En 1º y 2º, traballamos primeiro cos "AROS MUSICAIS", distintos ritmos (rápido, lento, medio), tentar seguir a música cos pes, as palmas, pitos... Despois todos xuntos, cada un no seu cadrado ou aro, seguindo á profe, e logo en pequenos grupos.
En 3º y 4º, traballamos en grupos cooperativos, mixtos de 4 persoas. Dentro do equipo había 4 roles:
CARGOS
|
FUNCIÓNS
|
ALUMNO/A
|
VALORACIÓN
|
ANIMADOR/A
|
Controla a conducta dos
compañeiros e compañeiras. Anima constantemente ao equipo.
|
|
|
APUNTADOR/A
|
Responsable do caderno de
equipo. Cóidao e anota o traballo feito durante as clases.
|
|
|
TRAMOYISTA
|
Encargase do material:
buscalo, repartilo e recollelo.
|
|
|
REPRESENTANTE
|
Representa ao equipo.
Comunica os acordos.
|
|
|
Os primeiros días costounos un pouquiño, coma todo, pero despois xa iban saíndo as cousas, e podíamos facer os pasos en equipo. Metímoslle música (Vicenç, ten feita unha lista de reprodución en SPOTIFY) Aquí vos deixamos uns vídeos co noso traballo:
2º
3º
4º
E aquí déixovos a presentación Genially que fixo Vicenc como se fora Netflix = EFlix