28 de julio de 2025

FIN DE LAS PUBLICACIONES EN VIDEO Y FOTO

Quedarán eliminadas todas las  publicaciones con fotos y vídeos de los momentos de trabajo del alumnado de Brexo- Lema.

Asimismo, en el canal de Youtube aulainformaticaelena@gmail.com y pevasbrexo@gmail.com se eliminará también todo ese contenido.

Gracias 

3 de abril de 2025

CARREIRA SOLIDARIA RETT

 

O colexio de Sigrás, o CEIP Gonzalo Torrente Ballester, organiza o MARTES 8 DE ABRIL, unha Carreira Solidaria, para recadar cartos para a 

ASOCIACIÓN “MI PRINCESA RETT”

No seu cole teñen unha nena, MARÍA, co Síndrome de Rett. Para concienciar aos nenos e nenas do importante que é a investigación científica das enfermidades raras, e para saber como é a vida diaria de María, fixeron un PEQUENO DOCUMENTAL co alumnado explicándoo ao resto da comunidade educativa. E Organizan a carreira para recadar eses cartos tan necesarios e útiles para mellorar a vida destas persoas.

Dende o noso cole, queremos solidarizarnos con eles,  “para nós isto é “facer comunidade” porque se afecta a unha persoa, atínxenos a todas”.

Con este enfoque pedagóxico, no que xuntamos, a actividade física e a solidariedade, queremos sensibilizar ao noso alumnado acerca desta enfermidade e da necesidade da investigación científica para atopar cura.

Este MARTES 8 DE ABRIL 2025, celebraremos unha CARREIRA de OBSTÁCULOS, como os que atopa María na súa vida. AS FAMILIAS ESTÁN CONVIDADAS A VIR  e participar cos seus fillos na súa quenda de carreira. 

Lembrade que non é unha competición, trátase dun día alegre e festivo no cal predomina o espírito de solidariedade e axuda mutua e cada quen vai ao seu ritmo.

Co noso gran de area, podemos axudar aos nenos e nenas, e as súas familias, para que se poida investigar más, facilitarlles atención directa, psicolóxica e de ocio.

Cada familia pode facer unha pequena doazón monetaria, nun sobre pechado e darallo a súa titora. Con todos os cartos recadados entre o noso cole e o de Sigrás, farase un ingreso a Asociación “Mi  princesa Rett”.