15 de diciembre de 2015

MAPA DO DÍA DO PEÓN

Na web de Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional, publicaron hai dous días un mapa coa distribución dos centros educativos e entidades participantes na 11ª edición do Día do Peón. 
O noso cole aparece como un dos dous coles de Coruña que fixemos actividades relacionadas cos peóns nestas datas.
Noraboa!!!!



1 de diciembre de 2015

OS NOSOS XOGOS POPULARES

Despois de moito traballo, moito pensar, moito probar e moito inventar.....TACHÁN!!! Aquí están as nosas prácticas con estes xoguetes de onte e de hoxe.





EXPOSICIÓN DE PEÓNS E MOSTRA DE HABILIDADES

Ao longo do mes de novembro, nenas e nenos do cole, participaron na Exposición de Péons disfrazados, proposta este ano para conmemorar o Día do Peón.

Para este ano, tiñamos pensado traer ao cole a todo un campeón cos trompos cometa pero....por causas alleas á nosa vontade non puidemos contar coa súa presenza polo que o noso día especial de celebración víuse afectada. Aínda así non perdimos a ocasión para xogar e disfrutar dos nosos peóns.

QUE O DISFRUTEDES!!!