2 de septiembre de 2012

NOVA TEMPORADA

Boas a todos e todas as que seguides este blog!!!
Comeza un novo curso, unha nova temporada e novas ilusións.
Este ano, o meu novo centro de traballo será o CEIP Juan Fernández Latorre, A Coruña. Desde alí seguirei traballando por aportar o meu gran de area ao mundo da educación física. Aínda non sei que farei ao longo deste curso pero seguro que algo argallarei para seguir na liña destes sete anos.
Deséxovos un bo curso a todos e a todas e pronto teredes máis novas.